Archive for Novembro, 2013

“Viñerón 2013” gostamos dos vinheróns

Imos facendo historia: os vinheróns na busca da expresión das súas terriñas, algún deles partindo de territorios esquecidos, no fio da desaparición, terriñas abrazadas agarimosamente nos seus derradeiros alentos de vida, nun languidecer penoso co recordo dun pasado florecido de bagos e regado do vinho de seu. Outros vinheróns tentando abrir novos vieiros, que son […]

merenzao en BenBo

Temos unha memoria limitada do gusto dos nosos viños, todavía menos dos tintos, e as referencias do seu pasado son moi febles cando non inexistentes. Sabemos o que bebemos dende que bebemos, dos sabores tintados máis antigos poucas pistas temos. A busca da expresión dos viños tintos máis auténtica e axeitada á vocación das bisbarras […]

os douscentos cestos do Bibei

Desde os dousmilmetros da Sanabria máis galega (a Alta Sanabria) inicia a súa vida o Bibei. Un percorrido que arranca mirando o sul, e con esa traxectoria pasa por Porto e por Pias, vilas da hoxe zamorana bisbarra, antes de virar cara o norte, así, de costas ó mediodia, e recibindo primeiro o rio Camba […]

do Umia

lixeiro, como la brisa, coma un regato, coma ti extenso… vicioso, ou apetitoso como as ganas que me deixas… de ti. rocha lamida por un manancial floreado, luz natural que ilumina o teu corpo, corpo que as néboas recargadas nunca esconden, fresco, con timidez, como debe ser, pola herdanza de complexos que arrastramos, para que […]

a Arnoia, unha Escolma de seu

a Arnoia o xabre, despois dun día cuberto, co atlantismo melancólico, ese seu frescor o seu aire, nun mencer de crecentes vermellos dando luz á escuridade pendurada de estrelas brillantes o xabre, guarnecendo unha froita incisiva, sutil, fresca, co balsámico dunha eira despexada, con mentolada brisa, de verde luminoso a froita, que volve refinada para […]