“Viñerón 2013” gostamos dos vinheróns

Imos facendo historia: os vinheróns na busca da expresión das súas terriñas, algún deles partindo de territorios esquecidos, no fio da desaparición, terriñas abrazadas agarimosamente nos seus derradeiros alentos de vida, nun languidecer penoso co recordo dun pasado florecido de bagos e regado do vinho de seu. Outros vinheróns tentando abrir novos vieiros, que son vellos sendeiros desbrozados da suciedade acumulada e de andares desviados, en zonas de futuro esgotado polo marketing e a estandarización. Outros dándolle aire a denominacións ancoradas nunha inercia adormecida. Outros…

Seguímolos, o seu ritmo é medido, non forzado, as veces nos gostaría adiantalos, pensarlles o camiño, ter nas nosas máns o privilexio do que eles gozan.

Mentres aplaudimos, cantamos, bebemos, escribimos, falamos, eiquí e acola pisamos solos, ascendemos ladeiras, contemplamos cepas, apreciamos bagos…

Soñamos, si, e buscamos… é o noso sinal de identidade, por iso tentamos acompañalos, valeiros de prexuizos… máis alá… ate a Emoción.

Este sábado temos unha cita con eles, para tomar folgos e repensar o camiño, para situarmonos, para saber por onde se vai indo e cara onde van… para organizar o noso cartafol e seguir… nesta travesía…

desde a Emoción dos Vinhos iremos ó Viñeron 2013

Os comentarios están pechados.