Amalia

mirada de ceo aberto

do teu azul luminoso

como ilumina o teu sorriso

coma o sol que me quenta no inverno

suave corpo que…

Amalia

2012

La Geria, fondo negro, rasto de veas abertas da terra, solos de estirpe volcánica sobre os que a mediterránea malvasía se deixa arroupar, entre o picón. Terroir tatuado no atlántico en forma da illa do Rubicón, dos mil rubicóns, en cada vertente, en cada ladeira de cada volcán. Como el viento… mece su cuerpo, como el viento… alento alisio que hidrata, que espanta os males e suaviza o abrazo do sol.

Así, nariz limpa e directa a atravesar o espiritu despois da pituitaria. Nítida de froita que logo nos sabe a piña, ó dominante melocotón e á demais frutalidade de vestimenta amarela, esas froitas que non esconden, máis que na sua mocidade, a esencia mineral que deixa vexetar á alma mediterránica da malvasía. Os destellos florais debuxan máis cores no ambiente, adornando uns tragos que conxugan o tacto prácido do suave Mediterráneo co carácter gravado a lume desta terra rodeada dun Atlántico sempre fresco.

Bodegas Rubicón. La Geria. Lanzarote

Os comentarios están pechados.