evolucionismo

avanzamos

por ventura soñamos

bebemos, assím sobrevivemos

Todo chega, vai chegando, acaba por chegar.

Pouco, ou nada, dura, 100 anos? O gusto que coñecemos, ou coñecen como inmutábel algúns, hai decenios era inimaxinábel, o mesmo que nestes momentos está a dar os seus últimos coletazos era unha unidad de destino en lo universal, ou sexa eterno, é dicir, sen data de caducidade ou o que é o mesmo, indivisíbel no máis alá.

Antes desta ilusión de perennidade os devanceiros beberon durante decenios os restos dun pasado que nen imaxinamos

Isto vai indo (por se non nos decatábamos) non para, sube, ascende ó Olimpo, establécese durante lustros ou se deprime afundíndose na escuridade dos tragos perdidos…

Os devaneos e vaivéns dos deuses do Olimpo vitivinícola nas súas posesións de apelidos borgoñóns, piamonteses ou xermánicos, son máis lentos, as veces parecen inmutábeis, inexistentes.

Mais nos, aspirantes olímpicos, hoxe estamos onde estamos e mañán o que manufacturemos nos terá levado onde nos corresponda

Os epígonos do sistema que cae, derrumbándose sen estrondo, son xordos e cegos, seguen dando paos de cego, disparando a quen se mova fora do patrón. Ven e miran anarquía, ignorancia, paganismo, confusión ou bruxería no que é simples evolución… a tragos máis felices.

Os comentarios están pechados.