Archive for Maio, 2014

Fulcro

ummm!! Rías Baixas dese Val do Salnés máis costeiro, en realidade xa nin val nin Salnés, esa parte esquiñada que ten medio lombo asomando, e mollado pola Ría de Pontevedra. Meu Deus!! grazas pola Lanzada, o espazo para lanzarnos máis alá. ummmm as Rías Baixas in essence, ou o que é o mesmo: cando un […]

a triada, o triskel dos tintos

Esperamos o sol e, namentras, bebemos un froito da vendima do 2010 das encostas sureñas do Barbanza. Xirpin de Antonio Saborido. Tintado que aguanta o paso dos anos, ríndose dos acomplexados, emocionando aos orgullosos que por el cantan loas e danzan con estrondo, para que retombe a nación enteira, anunciado a todos os clanes das […]

pola Emoción dos Viños 2011-14

Bebendo garrafas de territorios dotados dun sino identitario, dunha pegada diferencial ou cun adn gravado no rosto, coma os rasgos deses ollos con mirar de seu que nos remiten a un espazo xeográfico e a un clima, coma a cor dunha pel e as súas diferentes tonalidades que nos falan dun continente e dunha latitude, […]