Emoción dos Viños IV

A Emoción dos Viños amanece de novo en nos.

As sensacións que alá nos levan nacen da viticultura respetuosa co medio e con nos, dos elaboradores máis sensibles, dos que están na busca da auténtica expresión das súas terriñas, da inspiración que surde dos seus cheiros, da creatividade, do instinto dun viticultor mimetizado co seu terroir.

Mostramos o potencial, a vangarda do que virá, de todas as comarcas vitivinícolas galegas. Desde sempre acreditamos en todas elas, sen exclusión, desde Negueira ate o Morrazo, de Betanzos á raia, confiamos, as dúbidas e os complexos deixamolos para os que fican no pasado máis recente.

Somos amantes permanentes dun Portugal que nos devolve a emoción dun adn común: Dao, Bairrada, Douro, Minho… climas, castes, apelidos, nomes dunha Gallaecia que aínda latexa nos viños.

Defendemos a sinceridade dos viños limpos, de persoas honestas, que respetan o entorno e o consumidor.

Desconfiamos das ortodoxias, fuximos dos prexuizos, non etiquetamos nin pontuamos, ignoramos diplomas e medallas.

So calibramos a Emoción dun trago acompañados dos que queremos, no medio dunha conversa ou mentres nos miramos, no silenzo dunha aperta ou co son dun bico… entre a música e as pedras que nos acollen.

Esto non para, sen tregua vai, e queremos ir ós mesmos lugares onde o viño nos leve.

Cada anada nos traslada cara un algures que queremos beber, que podamos soñar…

Os que o freaban son secundarios agora. Os que non acreditaban, incapaces de imaxinar o seu potencial, desconfiando das súas castes e terriñas, e dos seús viticultores, pisan sobre sendas abertas lendo un guión escrito por outros. Si seguides o movimento das súas batutas chegaredes tarde e desacompasados. Todo avance, calquer progreso arrastra o pesadelo dos que fican atrás: sumilleres, enólogos, técnicos, labregos de viñas…

Emoción 2014: seguimos enfocando, servindo nas copas, subindo á palestra, colocando no escenario aos que nos lanzan Máis Alá,  sexan incomprendidos, descoñecidos ou minifundistas de garrafas reservadas para a Emoción.

Desde Betanzos Lorenzo Bescansa e Adega Beade

Do Barbanza Antonio Saborido e Adega Entreosrios

Desde Negueira de Muñiz Manuel Cancio

Do Morrazo Adega Ardán

Do Ribeiro Manuel Formigo, Bernardo Estévez, Luis Anxo Rodriguez, Sebio e Javier Monsalve.  Desde o lugar de Sabariz A Pita Cega

Desde Ribeira Sacra Guímaro, Regueiral, Ribeira Sacra Viticultores, Fernando Algueira, Régoa, Ponte da Boga, Ronsel do Sil, Roberto Regal e Atrium Vitis

De Valdeorras Adega da Pinguela, José Luis Arístegui e Nacho Gonzalez

Desde as Rías Baixas Tricó Begoña Troncoso (O Condado) Albamar, Nanclares, Forjas del Salnés, Pedralonga, AttisDo Ferreiro e Dominique Roujou-Laura Montero (O Salnés)

Desde Monterrei Xico de Mandín e Quinta da Muradella

Do Bierzo Gregory Perez

A Asociación Galega de Viticultura levará unha representación de escumosos galegos

Portugal Anselmo Mendes e Edmund do Val (Melgaço-Monçao dos Vinhos Verdes) Terras de Tavares, Casa de Mouraz e Alvaro Castro (Dao) Conceito, Quinta do Infantado e Quinta do Vale da Perdiz (Douro) Quinta das Bageiras (Bairrada) e Casal Figueira (Serra de Montejunto, Lisboa)

Desde as Riberas del Duero e máis alá Alfredo Maestro

Da Sierra de Gredos a garnacha de Orlando Lumbreras

Do mediterráneo alicantino Rafa Bernabé

Desde a Ribeira Sacra ate La Orotava pasando por Extremadura Envínate

 

50 para a Emoción…

 

3 ResponsesEmoción dos Viños IV to “”

  1. Jorge Díez

    Cuenta atrás, emoción, allá vamos…

  2. David J RS

    ¡Qué rabia que no me entero hasta hoy mismo! Enhorabuena, y salud.

  3. Antonio Portela

    Gracias David, el próximo año acércate.

    Saude