Archive for Agosto, 2014

TN de Régoa

A frutalidade de amarenas e cereixas mesturadas co sotobosque pendurado na ribeira, ademais dun aire perfumado que as veces aparece entre eles. Os recordos dos torrados cada ano que pasa máis no fundo van. A sensación frutal aumenta co paso dos tragos, pero sobre todo a mineralidade que vai crecendo rapidamente desde atrás. E así os […]

o raposo cazapitas

  Cazapitas é un raposo froito dunha pequena vinificación en Rianxo, a porta do Barbanza, manufacturada por Noelia Peréz, David Rial e Juan Chamorro Nas leiras que miran ó sur, nas lindes dos penedos graníticos fragmentados que caen da serra, na beira norte do Mar de Arousa, cos cheiros da montaña, agora impregnados de eucaliptos, […]

Infantado

Simbiose da terra, solo que lle da forma e vida que nela mora, e o aire que ven do Atlántico, aire que Alvao e Marao agochan. Na súa busca vai Infantado. A esteva que brota, o xisto que reluce e a froita cando cruxe, entre tragos que miran á Foz, o Douro nas beiras do […]

….

imos co ritmo natural dos nosos latexos, fío que vai tecendo todo, fluindo sen as palabras que sobran coa música do corazón danzando os nosos corpos, cando ficas sen roupa, limpo e prácido mar no que me afundo, ese momento, coas ondas do teu océano música que baña as miñas beiras, cando as mareas rompen […]

a vangarda do Viño

A vangarda do viño amplíase, e o seu efecto esténdese ó resto da poboación consumidora do mundo viño. A expansión do viño en Galicia, como xa temos falado e aventurado desde hai tempo, segue uns pasos máis ou menos previsibles que atravesan técnicas de elaboración, maneiras de interpretar unha vendima, aumento da viticultura máis coidadosa […]

Antonio, Vital

paixao pela vida, vital pelo vinho, que som anacos de vida inseridos nun copo cheiros impregnados de momentos vitais o sabor das sensacións gravadas na pel, nas células de vida, Antonio Carvalho luz, creación, a biodinámica cando era un alarde, cando o convencional era lei de Deus. pedras finas, pallas secas, mel, goma branca, agulla cun […]