….

imos

co ritmo natural dos nosos latexos,

fío que vai tecendo todo,

fluindo sen as palabras que sobran

coa música do corazón danzando os nosos corpos,

cando ficas sen roupa,

limpo e prácido mar no que me afundo,

ese momento,

coas ondas do teu océano

música que baña as miñas beiras,

cando as mareas rompen entre as tuas pernas,

ese tempo.

Os comentarios están pechados.