Archive for Outubro, 2014

La Perdida… para buscadores

A volta ó fogar. Pares que o viño é o final dun camiño, o comezo doutra xeira, da rota final pola vida, porque xa non a abandonaremos endexamais. A busca continua que latexa en nos lévanos polo mundo do viño (indispensable para calquera vivencia do planeta terra que se preze) sen paraxe. Así imos atravesando […]

Femia tintada

Visceral fío que se vai desenredando nun precipicio sen fin lingua de glacial que descende encaixonada entre paredes de granito pulido brioso vento que move a gamela polo medio da ría entra en vea directa, a corazón aberto por fino estilete limpa de espírito, desposeida de luxos superfluos, ausente de toda maldade o goce de […]

Ladeira da Mata

Cando despois de beber un viño tento describilo saéme a xeografía: portelas por onde entra o aire, as ladeiras que surfea, bosques que atravesa, prados que peitea, follas que limpa, por onde pisan os pés das cepas, ata onde extenden as súas miradas, a intensidade da luz que lles acelera o metabolismo, que elementos ocupan […]