Femia tintada

Visceral

fío que se vai desenredando nun precipicio sen fin

lingua de glacial que descende encaixonada entre paredes de granito pulido

brioso vento que move a gamela polo medio da ría

entra en vea directa, a corazón aberto por fino estilete

limpa de espírito, desposeida de luxos superfluos, ausente de toda maldade

o goce de amarte entre as ondas dun mar lixeiro

campo fresco, especias finas

e as zarzas nos lindes coa flor silvestre e as herbas que chupábamos de neno

Quérote Femia

10675527_10203587104536240_5111275009881027009_n

 

azote dos académicos e dos funcionarios devotos dos IPTs, propagadores, agora reconvertidos, do dogma da inferioridade dos tintos galegos

Os comentarios están pechados.