La Perdida… para buscadores

A volta ó fogar.
Pares que o viño é o final dun camiño, o comezo doutra xeira, da rota final pola vida, porque xa non a abandonaremos endexamais.
A busca continua que latexa en nos lévanos polo mundo do viño (indispensable para calquera vivencia do planeta terra que se preze) sen paraxe.
Así imos atravesando etapa após etapa.
E pasamos por todas, por iso comprendemos o aparente sen sentido de moitas garrafas, e non me refiro a La Perdida

10001499_10203666347837273_2388093113232566513_n

La Perdida de Nacho González

soy el desaparecido, el abandonado…

un día devolto ás copas, cos aires de antano, de outrora

Non hai moito sería proscrito polos que coidan que o viño forma parte da xenética industrial, da dinámica do progreso máis deshumanizado ou máis alonxado da terra, esquecendo que o viño é cultura, arte san,
o viño é humanidade, creación, transmisión do conxunto de vivencias que o atravesan: home-terra-luz-clima. Da civilización que sabe valorar e calibrar as diferentes manufacturas.

 
A súa apariencia de tonalidade cargada anuncia unha boca densa, pero ademais descubrimos viveza no paso, con ese agarre que fala da súa elaboración, transmitindo o carácter e os perfumes acrescentados do godello de viñas maiores, recuperas en Larouco para a naturalidade do cultivo e no posterior trato da vendima.

Tres días de gozo, sen notas, coa vista no Atlántico, no mencer que vai coloreando o Teide e máis logo no solpor os ceos sobre La Palma, co pensamento liberado de preocupacións grazas ás copas que La Perdida foi enchendo.

Coa ledicia dos soños que se converten en realidade, os de Nacho Gonzalez e a súa saga de viños que me teñen enganchado, para seguilos gozando, tragos que me reguen os días, sentindo que cada un deles aporta…vida.

Os comentarios están pechados.