albariño power

Creo no albariño, ate chegar a nomear os viños destas terriñas co seu nome sen vergoña, aínda que xa sabedes, o importante é o terroir, o colectivo, a conxunción máxica dos factores, e non o cultivar individual. Amo as Rías Baixas e creo no albariño (e boto de menos loureiros, menos mal que nos queda Ponte de Lima)

O albariño esta tomando conciencia de si mesmo, se fora francés forxaría un imperio para o Deus dos viños.
Posue unha nobreza que cando é respeitada, e non manoseada con ademáns protocolarios e viticultura abusadora, demostra o seu carácter e a elegancia que o tempo sabe mostrar.

O albariño nas Rías Baixas ten poder. Fixérannos perder o fio da nosa identidade, renegar da auténtica personalidade, acomplexarnos máis unha vez… tamén no viño. Como en todo o que non se fai con orgullo nen conciencia de un mesmo acabase en asimilación, en simples sucedáneo do que se é. Estes anos pasados chegáramos a desconfiar do noso albariño… e a rir das cuncas da época de Cunqueiro. A prepotencia do racionalismo tecnocrático.

Pero na actualidade unha cata de albariños das rías baixas, como por exemplo o pasado mes con Luis Gutierrez en Pontevedra, pode transportarte, facerte recordar, despertar a imaxinación ou traer instantes gravados, sensacións memorizadas, sentimentos, caricias, pesares, ledicias… si, hai albariños das rías baixas que nos achegan o territorio do que somos unha parte máis, coa vida que temos pasado mimetizados nel, o transcurrir dos días e das estacións cos seus cheiros e o seu tacto, e isto, máis que recoñecer aromas de manzá, herbas aromáticas ou flores brancas é o mellor que podemos dicir dun viño, é a fase superior á que todo devoto de Dionisio espera alcanzar, a que desexa acadar e onde desexa que lle leven os viños dos que vai tirando a rolla.

Viaxei, entre tragos non cuspidos, pola costa que vivín e que sempre soñei beber. Servirme nunha copa os espazos que habitei, coa ledicia de crianzas da beira mar, co salitre na pel baixo o sol sureño da Galiza, rebozado polo cheiro mariño que a brisa paseaba polo ar, entre os por de sol outonais, brisas logo convertidas en borrascas invernais de profundidade oceánica, atlánticas de fresca humidade e mar revolto, mar batido das rías que contemplabamos sobre as katiuskas desde o peirao, e, cando o mar calma, o reflexo dos raios extendendendose máis aló.

A espera ten rematado: o Atlántico, entre praias e leiriñas da costa marcada polos dedos de Deus, está sendo engarrafado.
A emoción e a ledicia, e a satisfacción polo que eu espero cheirar e logo beber inundándome: a xeografía do mapa das rías todas, que empeza a asomar polas copas enchidas a 3/5 de viños como algúns dos que bebín (ou catei como prefiran) ese día.
Non bebín todos porque ausenteime no último tramo da cata, claro que tampouco estaban presentes todos os que hai nas rías baixas.

601043_4975138254288_1822205451_n
Dos que tuven a oportunidade e me coincidiu beber ainda gardo na memoria, e no desexo dos ocos valeiros da miña nómada adega, os viños de Zárate, toda a literatura escrita unhas liñas atrás atópase en algún e as veces en todos os seus viños. Se os seus antepasados pasaron á historia vitícola da zona, Locho e os seus viños xa ten reservado un lugar privilexiado na historia que se escribirá no futuro.
Xurxo Alba, con viños cada anada máis definidos, pero aínda me queda a sensación que han chegar máis lonxe. Alberto Nanclares engarrafa viños que eu defendería en calquer sitio e situación. Mirar Lagar de Costa na etiqueta é a seguridade de viños equilibrados e as veces moi elegantes, sutil reflexo do seu lar, que a min por momentos deixanme as ganas de que se solten da mán e peguen unha carreiriña que lles faga despeitearse un pouco. Fulcro uniuse desde hai un tempo a miña selección de viños co carácter que gosto. Despois de bastante tempo sen beber os Pagos de Xoan e de Bemil emocioneime un chisco ó voltar a sentir un Benito Santos na copa, esa mestura de mineralidade y evolución, acordeime de Todd, gustáronme menos os viños da última anada. Singular e atractivo o Pazo de Galegos (na etiqueta pon algo así como “albariño premiun selectión”, en maiúsculas claro) cunha personalidade que seguramente podería ser a da Ribeira do Ulla, incluso, quen o diría, o tinto elaborado con mencia.

Moitas adegas siguen co seu estilo e maneiras, outras fan leves restyling, e algunhas acusan certa decadencia. Probei As Laxas, Morgadío, Agro de Bazán, La Val (destaca entre os seus o Lías 2007) de Martín Codax o Gallaecia 2011 gustoume máis que outros anos e o Lías, tamén 2011, moito menos, o Anxo pareceume un viño moi Rosal, polo tanto fidel ó que pon na etiqueta.

Quedeime con moitas ganas de catar o resto de viños, alguns deles os dos amigos que estos anos nos foron acompañando na “Emoción dos Viños”

Estas son valoracións impuntuábeis, e ignoran calquer tipo de campeonatos, concursos ou medallas, sen cifras… so a escala da emoción, da miña experiencia bebida.

Os que van ficando atrás eles saberán, nos non nos resignamos e non nos detemos… (W.Whitman)

10596_10200544980205033_1453593050_n

2 Responsesalbariño power to “”

  1. Grazas por compartir eses tragos non cuspidos, grazas por compartir esa viaxe de mares batidos e frecas humidades. Grazas por reconfortarme cun mar que, mágoa de min, só era nun principio unha vista dende a miña xanela e despois fedor, xeo, suor e xenreira cun bicheiro na man.

  2. de rapaces sentimos a terriña sen complexos, máis logo xa nos venderan o que non somos e disto á xenreira…
    eu quero beber viños, e vivir nun país, orgullosos e así non volver a cuspir.