o dos bagos

A historia deste caderno do viticólogo/viticulturista (vigneron em portugués) nestes 7 anos cumpridos, e un par deles antes desde “A Nosa Terra” cabeceira que me emociona lembrar, foi e é a historia do acompañamento dunha travesía, a historia escrita da transición do viño galego, o período máis emocionante que nunca poideramos imaxinar, como vencer os complexos e tirar para adiante, ate convencer, sorteando aos que reaccionaban reticentes, aos que primeiro se rían, logo alcumaban de romántico ou soñador, máis logo desconfiaban pero que remataron, as veces aparecendo como actores do conquerido, subíndose ó carro do futuro que nos vai levando Máis Alá
Fomos soltando cargas de profundidade para socavar a inacción e rebentar o medo
Fomos largando lastres para voar, soltando amarras para navegar… sen mirar de esguello
Agora todo é máis doado, hai corredoiras abertas, pegadas sobre a neve… ate o próximo inverno
Contamos historias, argallamos un futuro, damos forma ó argumento,
soñamos e máis logo buscamos, cara ó solpor que nos empurra Máis Alá.
A realidade supera á ficción, todo o que aventuremos ou podamos predecir foi e será superado pola realidade, deseguro quedaremos curtos, seremos adiantados polo que virá… e será, polo potencial desta Terra de terriñas.
Seguiremos pescudando na tradición que poido ficar das sucesivas castraccións, na busca dos devanceiros dos viños perdidos, acompañando ó mesmo tempo os primeiros pasos, paladas, pedaladas, os primeiros largos da escalada dos que comenzan, ser caloría do lume para a ebullición e a fervenza das ideas.
Como consecuencia de todo este proceso no que estábamos inseridos de cheo, no que mergullábamos sen osíxeno… da busca permanente da Emoción, e polo placer que estábamos experimentando cos viticultores protagonistas do resurdimento do viño galego, aderezado do amor que desde sempre sentimos polos irmaos portugueses, naceu, vai facer cinco anos, no Claustro da Catedral de Tui “A Emoción dos Viños”, que este ano renovará novos folgos, collerá pulos para extenderse máis alá. Grazas Marina por compartir conmigo este soño.
Seguiremos sendo propagadores activos, voceiros expansivos dos viños que nos leven sempre Máis Alá… cara a Emoción

a. portela

424508_4571309598824_470146930_n

2 Responseso dos bagos to “”

  1. Felicidades maestro!

  2. Gracias amigo!