berramos Viño!!

Navegamos, bebemos,
e as terras do viño,
illotes no medio dos océanos da vida,
vannos salvando do afundimento.
Berramos Viño!!!
e o cheiro lonxano do primario lévanos á terra,
Pero a vida…
as veces soñamos que pisamos terra firme,
e deseguido amanecen a babor reflexos e aromas doutros lares
que nos levan,
na cada vez máis cargada nave,
Máis Alá,
cara o solpor
a surcar novos temporais,
a tambalearnos máis unha vez,
a que unha luz, unha brisa… traia arrecendos que nos fagan virar,
torcer o noso anárquico rumbo
cara novas copas onde atracar os beizos
e con eles a paz do espirito,
ate o seguinte por de sol…

Os comentarios están pechados.