os tempos están mudando

“The times are changing”

Time have changed… e xa collimos a velocidade de cruceiro

Chegou a hora dos amantes do viño, dos consumidores que son impermeables aos prexuizos, da ledicia de beber sen arquetipos, dos paladares que, coma tábula rasa, esqueceron e ignoran os dogmas, e dende esa virxinidade recoñecen en cada grolo a autenticidade, que non é outra sensación que a certeza da sinceridade… nas etiquetas, na adega, na viña, nas palabras que o ensinan… sinceridade nos grolos e máis logo na busca do que nos leve máis alá… á Emoción, coma un alalá transparente que nos traia a terriña.

A expansión do viño galego (que é o que máis vivimos na pel e nos sentidos) demanda a intelixencia dos bebedores, que non é máis que o sentido común aderezado cunha experiencia in crescente (a praxis) e unha mínima cultura (tamén in crescente) do que bebemos. Unha intelixencia que sexa quen de facernos discernir o escaparate valeiro, os lumes de artificio vacuos, as poses desvergonzadas, e o minifundismo dos egos.

Contestaba un coñecido sumiller galego (recoñecido por un deses títulos escaparate que esconden a proximidade do vazio) que o minifundismo agrícola tiña orixinado un minifundismo mental. Pero non é este minifundismo o que fai que as persoas sexan incapaces de tirar do colectivo, senón o egocéntrico, como está demostrado, ademais o minifundismo mental, coma a sociedade, é reformable ou revolucionable, o egocéntrico non ten cura. O minifundismo agrícola aludido puido ter sido, e deseguro que o foi, o que nos salvou da extensión dos males, incluso da desaparición vinícola, e é o mesmo que nos pode levar ó cumio dos viños (Borgoña p.ex.) Para evitar o mental, e o minifundismo dos que so miran para o seu peto, son necesarias mentes visionarias, creativas e sensibles, desprendidas, con humildade e xenerosidade.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Escomenzou o tempo relucente dos viños vivos, da palpitación do factor humano entre cepas e viñedos buscados e repensados para a Emoción dos sentidos. De viños co carácter de seu recuperado, saidos do armario, diversos coma o País, coma os seus diferentes solos e microclimas parroquiais, coma as súas castes nacidas para convivir nun mesmo “majuelo”, para Ser, xuntiñas, nunha coupaxe interminable, reducindo os minifundismos varietais. Viños de viticultores que singularizan, tamén neles, o humano factor de seu.

“O voso vello camiño está
envellecendo rápidamente.
Por favor, saide do novo
se non podedes botar unha man,
porque os tempos están mudando”

p.s. Dou as grazas dende eiquí a Luis Gutiérrez pola sua receptividade, polo seu compromiso e pola súa sensibilidade. Eu que nunca pontuei, non me importou ter sido un minúsculo cómplice, e, creamos ou non nos puntos, é necesario recoñecer que as valoracións de Luis acércanse ó que nos sentimos, ademais de ser un estímulo máis para incentivar e espolear o viño deste País sen os corses impostos de antano, sen nada que ver cos pontuadores e guías que nos dominaron no pasado e que por suposto ignoramos.

4 Responsesos tempos están mudando to “”

  1. Concordo en que cada vez há máis viños que piden ser bebidos coma se fora o primeiro viño que levas os beizos. Concordo tamén que aos poucos há máis xente que bebe sen dogmas.
    Creo que cada un na nosa medida e aínda que sexa paseniño debemos asumir a nosa responsabilidade, a miña por exemplo detrás dunha barra, para que os tempos sigan a mudar.
    “la cosa va paelante y no piensa recular”. Apertas

  2. Estos catadores tipo Luis Gutiérrez son los que catan a etiqueta vista, ¿cuando una cata en directo con botellas compradas en clientes finales…? Tienen miedo los catadores?.
    Porque estos “catadores” al final no compran ni una botella y mira que “prueban vinos” a lo largo del año… en fin con lo fácil que sería hacer una cata seria pero bueno se les acabaría su “circo” particular que gracias a dios menos gente cree cada vez

  3. La cata a ciegas o con botella a la vista son dos opciones que cada cual elige y fundamenta. Creo que las dos tienen su lugar, momento y finalidad. Para mi la cata a ciegas es incompleta, el vino no solo un producto que analizamos aislado y separado de su origen y de su elaborador, esta última información hace que el placer sea pleno o nos aleje de la emoción. Importa quién y como fué su vida antes de beberlo.
    Los circos caen por su propia ficción, y por la inteligencia, información y conocimiento de todos nosotros.
    Lo que realiza Luis Gutierrez es lo más parecido a lo que yo pienso, siento y gusto.

  4. Aínda que tentáramos parala isto xa non ten paraxe.
    Xico a semana que ven paso por esa barra.
    Apertas