Simplesmente Roseira

Vale de Gontelho, Covas de Douro

bagos de tintas e tourigas

Porto, Cais da Ribeira

copos de vinho simplesmente

Joao Roseira

coraçao do Douro a later em Nos

pes descalços sobre a pedra

o instinto de Dionisio nos territorios que amamos

P1000842

Fiquei ligado ao Joao no 30ª aniversario da Quinta do Infantado, antes fora a súa historia e aos seus vinhos, e desde aquela…

Algúns Infantados e Bagos de Touriga teñen pasado polo caderno dos bagos durante estos anos: 2005 2007, 2008, 2010

Hoxe segue polo meu copo o Vintage 2011, grande ano para eles vintages. Força, xuventude, lonxevidade… a potencia da froita entre a esteva e os matos relucentes, sobre o xisto, a pulsión do primario que retrasa a elegancia para dentro de… tempo lá.

1969178_10204339809433392_499328330251520052_n

O Douro cimentado por canteiros e viticultores galegos e poboado nos seus inicios polas castes do país: brancellao, bastardo, sousón… foise achégando estos últimos anos, xunto ás demais regioes do vinho portugués (Alentejo, Dao in crescendo, Bairrada e principiando Lisboa) aos galegos que os ignoraban, porque nesta banda do Atlántico, desde a beira do Minho á do Tejo, pasando pola do Douro, os galego portugueses temos tres citas para bebérmonos:

Simplesmente Goliardos da Emoción:

“Simplesmente Vinho”, “Goliardos Festival Vinho ao Vivo” e “Emoción dos Viños”. Ademais do grande salón da Essencia. Irmanamento para que os tragos entre amigos emocionen.

simplesmente.

A semana pasada foi o Simplesmente Vinho do Joao, e fomos moitos os galegos que pasamos polo laboratorio de emocións vínicas do Cais da Ribeira. Un síntoma dos novos tempos do viño en Galiza, do aumento da súa cultura nas copas e nas inquedanzas.

Simplesmente Vinho… e moitos amigos, viticólogos de raça, que nos teñen acompañado ou que o faran nas próximas emocións por Tui: Rita, Marta, Sara, Fátima, María, Joao, Mario, os Antonios: Lopes, Madeira e Marques.

Obrigado por existir Joao

2 ResponsesSimplesmente Roseira to “”

  1. Antonio,

    só quería saber escribir en Galego, así, sen erros nin equívocos para poder responder coa mesma emoción que leo nas túas liñas.
    non sempre conseguimos, non sempre podemos mais, si, queremos ir máis alá.
    un gran regalo e saudade do Douro, joão

  2. Joao, saudade da Galiza