La Palma

A travesía no mar que vivo, polo océano que surco, enfilou o norte. Con este rumbo na rosa dos ventos e partindo do sur de Tenerife, se a babor asoma a pirámide estilizada do Teide (intento descarado da terra de achegarse ó ceo) e a estribor caen vertixinosos os barrancos do levante gomero, o destino so pode ser a illa que din bonita.

LA gomera

E la nave va… e na busca da Emoción imos indo cada día con máis desexo, o mesmo co que fuximos do teatro das representacións valeiras, so creo na verdade dos que coidan as mil terriñas do viño, os que interpretan os seus lares e logo os engarrafan para o noso pracer, para a nosa sede, para o noso sustento de vida.

A illa bonita, para min tamén da calma, onde a tranquilidade existe entre o erizado e o sinuoso dunha xeografía vibrante, de vida e de cores con todas as tonalidades, tranquilidade que se impón atravesando toda a vida non xeolóxica da illa.

Tranquilidade que transmite o acento palmero, pareceume o máis fino e elegante de todas as ínsulas. Suave entonación e agarimoso ritmo nas palabras que se suceden coma unha música que non merece ser interrumpida.

Ademáis desta calma contaxiosa, na viticultura palmera destaca o protagonismo feminino: Eufrosina (Vinos El Níspero) pola posta en valor dunha albillo minusvalorada, a súa irmá Onésima (Vinos Vitega) na defensa dos Viños de Tea que as épocas recentes foran ensuciando con elaboracións deficientes e por iso mesmo despreciados polos mesmos palmeiros. E Victoria Torres…

la palmaEufrosina

A viticultura palmeira de cepiñas diversas (Albillo criollo, sabro, bujariego, gual, marmajuelo, tintilla, negramoll, listan prieto, bastardo, almuñecar, listan blanco y negro…) que desde a Europa alí se apousentaron habitando vidueños tradicionais, onde conviven xuntiñas, mesturados cos viñedos contemporáneos, esa especie de apartheid onde son plantadas polo seu apelido. A cultura da vitis ten na illa espazos diferenciados: ó noroeste Garafía e Tijarafe, no sur Fuencaliente e Mazo no leste.

As viñas de Fuencaliente ascenden desde os 300 metros das bases volcánicas do Teneguía e do San Antonio ate os máis de mil metros entre os bosques desde os que arranca a espiña dorsal volcánica da metade sur da illa. De arrastrarse sobre o picón a elevar o tronco entre o pino canario. Os pagos más emblemáticos de Fuencaliente son Los LLanos negros, las Machuqueras e Las Caletas, auténticos crus que a sensibilidade de Carlos Lozano (Bodegas Teneguía) e de Victoria (Bodegas Matías i Torres) farán que vexamos nas copas os seus reflexos asomar.

la palma8

Victoria Torres levaba cinco anos na estela do seu pai, acumulando a experiencia que lle iba legando, complementandoa con esa sensibilidade que desprende desde o primeiro sorriso co que che recibe, e un instinto creativo evidente. Sensibilidade e creatividade natural que agora sinten a sensación de vazio que deixou o seu pai e o vértigo do camiño que está empezando a percorrer en solitario.Victoria transmite a paixón que emociona. Posúe iso que sustenta aos viños que máis me teñen emocionado: o froito da experiencia dos devanceiros, das xeneracións que foron transmitindo a súa experiencia con fundamento e orgullo, xunguido ao instinto e a sensibilidade dos viticultores que recollen ese legado.

la palma10

Las Machuqueras (volcáns Teneguía á dereita e o San Antonio á esquerda) e abaixo Los Llanos Negros

la palma14

Victoria móvese con tenrura entre as cepas de Fuencaliente, polos paraxes de los Llanos Negros o las Machuqueras, todos eles esculpidos polos volcáns Teneguía y San Antonio, ou polas viñas escondidas nos bosques que coroan as medianías por enriba da vila. Igualmente na adega entre as barricas, varias delas vellas de castiñeiro, e un lagar usado!! que gusto da mirar un lagar tintado despois de centos deles coma simples adornos.

Tenrura que logo bebemos na copa. Viños elegantes e femininos, ou, para quen non entenda esta definición, a sensación de aromas sutiles pero profundos nun corpo que pasa con maneras elegantes, e finura, estilo que non satura nin recarga en ningún sentido, que non necesita lumes de artificio nin músculo para deixar pouso. Con todos os seus viños tuven esa sensación, tanto nas diferentes versións do negramoll, caste que traballa con devoción, que repousaban nas barricas: o negramoll da zona alta e boscosa máis frutal e balsámico, ou o carácter máis acusado do que medra sobre o picón mirando o mar desde as faldras do volcán Teneguía, ou o que ven da veciña vila de Mazo que semella unha mestura dos dous anteriores con máis complexidade e lonxitude, ou o Albillo criollo fresco de aromas nítidos e limpos, o negramoll doce que flue sen pesadez, e a maravilla da malvasía…

la palma3Carlos Lozano

Carlos Lozano en Bodegas Teneguía ten un labor menos doado polo volume que elabora, o redor das trescentas mil garrafas, xestionando unha vendima que nesta illa resulta máis complicada do que parecería polo seu tamaño: cun elevado número de viticultores espallados por toda a illa, de norte a sur, a diferentes alturas en cada un dos puntos xeográficos (dos 300 aos 1500 m.) cunha variopinta familia varietal e microclimática.  A vendima alóngase por elo máis de dous meses. Os viños Teneguía son fieis ó seu territorio: atlánticos e varietais, cunha relación calidade prezo impresionante. Pero Carlos aínda non destapou o xarro das esencias, garda en barricas e en varios depósitos elaboracións dos pagos máis emblemáticos elaborados por separado e algúns brancos con tempo… sorprenderán. Capítulo a parte son as naturalmente doces Malvasías, as máis brillantes de todas as illas do arquipélago.

la palma11Lagar en Matías i Torres

La Palma está collendo pulo para profundizar no seu potencial e mostrar a identidade das diferentes terriñas. Por iso o que bebemos agora é o anuncio dos viños que virán, un camiño apaixoante. Carlos e Victoria están nese vieiro. Pero xa hai algunha historia nova polo norte, ademáis do proxecto de formar aos novos viticultores, e ahí está o amigo Borja Pérez (Ignios) impartindo diferentes cursos da man do consello regulador. Por iso haberá que estar atentos aos viños que vaian saindo, ou voltar máis veces á illa bonita e calmosa.

No claustro da Catedral de Tui esperamos a Victoria (Matías i Torres) e a Carlos (Teneguía) para que a Emoción sexa grazas a eles tamén.

Os comentarios están pechados.