Ye

Un trozo, unha sorte, un pedazo, unha peza, un pago… tamén un clos orante, amurado, un anaco da macaronesia máis árida que renace todos os anos na aldea de Ye (Haría)

ye

Na faldra do volcán de La Corona que enfía a proa norteña de Lanzarote, sobre o archipiélago Chinijo, no chan volcánico máis vello da illa está a viña do avó de David. Cos brazos abertos á humidade oceánica que o alisio achega con xenerosidade… luz ampla e cercana dun azul limpo que veloces nubes brancas atravesan de cote, ó alcance da man.

Norte que asoma baixo o vello volcán

Malpaís que no vertixe da caída alongou no mar a terra

09092014-_MG_4015

Muriños de rocha volcánica (coma para a Galiza atlántica os piares de granito, de beleza ancestral) que agochan e acougan mestura de castes. Simbiose varietal para multiplicar a profundidade, a lonxitude, os matices e a esencia dun lar… Alma dunha pinga do planeta, da diversidade da terra, da pluralidade. Listán negro coa malvasía, o diego e outras, sobre o rofe.

Agora, poucos días despois do solsticio de verán, na noite de San Xoán, o mesmo día que nacín, tiro a rolla do froito engarrafado desa viña e nace para min o viño que con agarimo fixemos.

Bravo e rabudo rompe no padal con toda a fondura volcánica, agochando o primario máis sútil, antes de que a vida das prantas, das froitas e das flores volva a crecer trala erupción, sobre o malpaís, despois do negro profundo, do lume e do sangue… esperaremos pola vida sobre a terra do fogo.

Así vive agora o viño da anada 2014 da viña do avó de David, baixo o volcán de la Corona, en Ye.

Este si que é unha besta, e non a de pedral.

1454708_10201525837045841_207449693_n

*fotos da viña de David, o Archipiélago Chinijo e, naturalmente, en La Graciosa mirando Alegranza

Os comentarios están pechados.