dao/wine/lover

Entre o Douro e os bairros, entre as ladeiras que da Estrela baixan e os bosques de beira mar: o rio Dao, as beiras boscosas do seu planalto granítico, Caramulo, Buçaco, o Mondego… o vinho

Denantes que o Douro e o Alentejo coparan as primeiras liñas dos andeis, era o Dao o señor dos viños, a referencia vitivinícola, dos tintos.

Mas o tempo trouxo de novo o resurdimento da elegancia, inherente ao que pensamos do Dao, ao recordo que temos figurado na memoria, á idea que temos dos seus vinhos, pero con máis busca da terrinha, e do carácter de antano das castes mesturadas e revitalizadas.

No medio deste resurdimento, época moderna do Dao que comezara o último decenio do milnovecentos, unha caste e uns viños elaborados polo Centro de Estudos Vitivinícolas do Dao puxeron en valor aos brancos do Dao. A caste é o encruzado, coa nobreza das que se nomean grandes polo mundo adiante, se fora francesa sería unha desas variedades adoptadas por algún país do novo mundo para representar os seus vinhos. Xa saben: aromática complexa, coma no Mouraz dos amigos Sara e Antonio, con froitas de oso e cítricas, floralidade en branco, balsámicos, herbas frescas e, si, mineralidade, e ademáis como sensación fundamental.

12063801_10206222344575594_6642544807472002417_n

E boca de potencia agochada tras unha seria acidez, que resplandece cando nova e que garante unha longura no tempo que as crónicas (xa me gustaría ter asistido a algunha desas catas cos vinhos do cev) describen como brillante.

39498_452777777743_7306522_n

O CEV en Nelas destapou co seu traballo, o que outros gastan en escenarios e púlpitos, o labor que se lles presupón aos funcionarios, brancos de espanto, de anadas que se remontan a mediados do século pasado, cunha base maioritaria de encruzado complementado con malvasía fina, bical, cercial…

Outros nomes no meu imaxinario do Dao: Alvaro Castro, un mito de carne e oso, e vinho, que inagurara a primeira edición da Emoción dos Viños. Antonio Madeira, un viticólogo, que aínda que non puido estar todavía na Emoción, seguimos os seus pasos desde as primeiras amostras engarrafadas probadas no Solar do Dao hai uns cantos anos. Casa de Mouraz, coñecinnos nunha das primeiras edicións da Essencia do Vinho (e van treze) e  non faltan na Emoción, Quinta dos Roques, Lagar de Darei, os de Nieport, os Casa de Santar que mercabamos no Intermarche de Valença, etc, e Joao Tavares…

12063893_10206226442838048_3695678943209695553_nJoao Tavares, cultura, raça, profundidade…

Gallaecia: Tourigo/carabuñeira, Jaen/mencía, alfrocheiro/tinto serodo, rufete…

Viños convidativos, porque beberíamos litros de seguido, inebriantes, gastronómicos, so teñen que probar a sua versatilidade…

Para beber inundándose cos vinhos do Dao os daowinwlovers convocan para o 28 de Novembro de 2015 – Sábado: Porto, simplesmente uma grande festa em torno do vinho Dão

12144655_10200858765949656_5254134925972629737_n - copia

4 Responsesdao/wine/lover to “”

  1. wences

    Estimado sensei.
    Tomo nota dese encruzado do Dao, para a seguinte escapada a Portugal. Interesantísima proposta.
    Saudos.

  2. pollito bien

    Superior o do Centro de estudos vitivinícolas de Nelas, centro mítico na enoloxía portuguesa…ben dis, unha cousa e traballar e outra distinta abrazar conselleiros, directores xerais, etc.
    Para min o Dao é o viño. Sincero, entendible, desfrutable, sen a vaidade de outros. O mesmo serve para tomar descontraidamente despois do choio coma para reflexionar si un outro mundo é posibel.

  3. Antonio Portela

    Wences, non dubides cando mires Dao na contraetiqueta…

    Aperta

  4. Antonio Portela

    Ademáis de gastronómicos tamén, como dis, para todos os estados de ánimo: “tomar descontraidamente despois do choio coma para reflexionar si un outro mundo é posibel” Eu máis veces no da reflexión que no de despois do choio, sensación que non experimento hai moito tempo