Unha nova cultura da viña

Vanse recuperando as derradeiras paraxes do viño polos novos viticultores.

As últimas viñas das bisbarras que un día foron ou son do viño neste país están sendo rastrexadas desde os comezos deste século. Esta nova xeira da viticultura galega, que non é a da precisión do SIG nin da teledetección, arrancara tímidamente pero é xa unha extensa realidade. Exploración, e reconquista, freada pola propiedade dos viñedos, o sistema de herdanzas, o abandono…

Laura Lorenzo nas ribeiras orientais máis extremas das sacras, nas occidentais ribeiras do Miño sacro un nutrido grupo que se amplia cada ano, as centrais ribeiras do Sil levan certa ventaxe pola súa sona (Amandi) Jose María, Fernando, Pedro, os Rodriguez con Sílice, Envínate, Atrium Vitis no val de Quiroga, Rafa Palacios e Telmo Rodriguez fixéronno hai xa un decenio nas terriñas colgantes das alturas do Bibei, e Nacho Gonzalez nas de Larouco (ummm…O Poulo), nos aledanos de Monterrei Mateo co seu instinto e sensibilidade tiña explorado as viniñas que salpican polo eiquí e acola da raia, a maiores do bastión do Xico en Mandín. Negueira de Muñiz tiñao máis doado pola brevedade do val e a reducción das súas parcelas. Nos lindes do territorio oficial do Ribeiro tense rescatado algún viñedo: Jorge Merencio en San Sadurniño, Iago en Riobo, Pilar en Sabariz, os Collarte nos cumios do Avia, o microcosmos de Arnoia tamén ten a súa propia pulsión. Dándose por sentado nesta rexión central de Galicia a irrecuperabilidade dos antigos bancais, arquitectura vitícola escondida polo bosque e as mimosas, testemuña dos viños de antano da mítica Ribadavía, unha Atlántida dos viños que as desgrazas polas que ten pasado este país foi asulagando ó traves dos séculos, unha civilización superior de viños perdida.

Téntase o mesmo nas terriñas do Xurés, do Morrazo, do Barbanza…

12074559_10206111290119302_8942971845130521452_n

O labor de recuperación, nalgúns casos de arqueoloxía extrema, seguirá nunha dura e en moitos casos infructuosa loita fronte o abandono, o envellecemento, a inxustiza dos que recibiron por herdanza unhas terriñas que so valoran pola sua posesión en si mesmo, e non polo que significan para o territorio e a conservación e mantenemento do medio.

Recuperacións todas elas de artesanía vitícola, respeitando o patrimonio agrícola e natural, voltando á naturalidade do seu cultivo, integrado, biolóxico, vinculado á dinámica da terra e do ceo.

Traballo duro pero imprescindible nun pais como Galiza de miles de terriñas e paraxes, cadansua cunha personalidade merecedora dun viño que a transmita, onde a estandarización e os protocolos uniformadores deberían ser unha excepción, e non recibir os aplausos e os premios. Pais onde o viticultor-vigneron debería ser a referencia e o loado con agradecementos e todo tipo de apoios, e non os enólogos oficiais que en moitas ocasións non son quen de mostrar a orixe nos seus viños.

11045504_10206257767941156_7981369546367034555_n

Fora das delimitacións oficiais, e dentro delas nos seus espazos máis discriminados, agóchanse vellas terriñas que nun tempo foron do viño verdadeiro… de Nos.

12188878_991216714277932_1302924272523247941_n

Un exemplo do que falamos é Bernardo Estévez que representa o meticuloso labor de recuperación dun territorio fragmentado, desde o respeito á terra e na procura do viño perdido, devolvéndonos o que séculos de degradación social e de instauracións sucesivas de culturas agrícolas agresivas tiñan sepultado ademais de nos levar a un caleixón sen saida. O labor de Bernardo exténdese á propagación da viticultura máis natural con múltiples actividades e cursos, coma o Viñodiversidade da semana que ven en Castrelo do Miño no que participaremos con devoción.

Un dos obxectivos destas xornadas é o de establecer sinerxias ou vínculos ou artellar os xeitos e as maneiras de relacionar aos que nos movemos ó redor das viñas, en verbas de Bernardo: “Mais Terra, punto onde se xuntarán as ganas de comer e a fame”: propietarios de viñedo que non poden traballalo, propietarios que poden traballar máis viñedo pero non teñen capacidade para elo, propietarios que venden uvas pero que queren pasar a traballar doutro xeito pero non saben como, con persoas formadas e vocacionais amantes do viño e das súas terriñas, que sen ser propietarios e sabendo que ninguén lles vai contratar neste sector seguen sen abandonar o desexo de traballar a terra.

Os comentarios están pechados.