Castro Candaz

Non pensaba escribir cousa algunha sobre este viño, acercárame ó “Finca El Curvado” dos Castro Candaz de Rodri e Raúl sen esa intención. Pero ó terceiro día de telo aberto collín o lapis para encher unhas liñas. Abrira a botella para bebela… as veces cato (esa palabra), si acaso, entre grolos que acompañan comidas, lecturas, pensamentos e ideas ou de busca de inspiración.

Finca El Curvado, ou La Vertical… nunca lle perguntei a Rodri pola orixe do nome. Serán os nomes das parcelas, ou viñas ou un nome posto por eles, aínda que nunca escoitei nomear paraxe ninguha en Galicia con “el” ou “la” agás Coruña claro

0_1126_1_bisfoto concello de Chantada

Castro Candaz, península interior conxugada pola unión de tres ríos: o pai Miño, o Enviade e o Da Lama. Espazo xeográfico de históricas e profundas raigames, que sentiu o paso de civilizacións e pobos. Poboado castrexo, emprazamento romano, fortaleza medieval… enclave vitivinícola.

Pares insignificante, un detalle sen importancia, ou so estético, pero me gústan máis as etiquetas coas referencias xeográficas, nomes apegados ó territorio, á súa cultura e historia, á orixe e ós seus viticultores.

12241379_10206308572971250_8581449544386220208_n

Gustoume… polo brillo da sua cor grana ausente de escuridades, luminosa coma son os viños das ribeiras máis atlánticas das sacras, resplandecente como a froita vermella que nos achega limpa ó nariz, envolta en milleiros de herbas aromáticas frescas e verdecentes. Gustoume porque estos días cos seus aromas e sobre todo cos seus tragos puiden identificar na miña memoria os recordos que teño do Miño alto, dalgures das suas terriñas. Do que se foi peneirando no meu arquivo memorístico e emocional cos viños das ladeiras que vai percorrendo o Miño por esta zona occidental da Ribeira Sacra. Territorio versioneado por Rodri e Raúl con elegancia, con esa bela sinxeleza que namora.

Hoxe, terceiro día que me acompaña, remato a botella con pracer e co desexo de voltar a bebelo (e catalo tamén) algún día, esta e futuras anadas.

Un paso máis, un viño máis dun proxecto novo máis, para a expresión e o avance do val do Miño (neste caso da banda de Chantada) na gran denominación de vales, rios e vilas que é Ribeira Sacra, que son as Ribeiras Sacras.

Os comentarios están pechados.