Archive for Decembro, 2015

Xico,Couto Mixto,Mandín/Couto Mixto,Mandín,Xico

O viño é algo máis que o zume fermentado duns bagos. O Couto Mixto, de bagos raianos, faime crer con fidelidade a transmisión dun territorio un ano concreto nunha copa. Con atractivos aromas primarios, limpos e intensos, que ensinan as notas do seu lar, con esa sensación de sinceridade que non che fai dubidar, e […]

Polos viños do solpor. Crónica dunha transición.

A travesía continua. Navegamos. Desde as corredoiras do pais imos indo máis alá… As “Xeografías sensoriais” que hai oito anos inaguraran este caderno eran o relato dunha aventura que empezara moito antes. Un percorrido ó redor das paisaxes do viño. Paisaxes bebidas, pateadas e faladas coas persoas que as laboran… A realidade que expresa esas […]

pieiga.Val do Navia

Negueira de Muñiz, pequeno Shangri La onde habita un minúsculo viñedo, restos dun pasado vitícola máis florido. Val do Navia que che aperta agarimoso, entre as vertixinosas pendentes que caen á súa costa desde as estribacións da serra dos Ancares e a recia frialdade das chairas ascendentes da Fonsagrada. En achegándose desde Lugo cara a […]

Ribeiras de Armea 14. J.L.Bouzón. Betanzos

Ribeiras de Armea 2014. Nórdico atlantismo galego. Reluce verdoso. Verticalidade verdecente do atlántico norteño. Branco lexítimo austero, desnudo de parafernalias exóticas, tan a gusto da enoloxía dos preparados. Profundo e visceral. Aromas coa intensidade incisiva do frescor primario: da branca flor, da froita cruxinte, da herba no rocío, da rocha co musgo… dun xardín no […]