O Esteiro

Esteiro, ensenada, ría, río, mar… Castrelo está no medio de todo e todo o ten. Cando o río é mar e o mar ensenada no medio dun val (Salnés) que se funde coa ría. Ría, Atlántico ó alcance da man. Río e ría que son un.

Xurxo ano a ano afina o seu estilo. Leva menos roupaxes e desata máis corsés nas maneiras de levar o que garda nos diferentes depósitos. Todos os seus viños vanse armonizando coas súas terriñas, liberándose do que os podía alonxar, con menos presenza das lías (Alma de Mar) ou da madeira (Pepe Luis) A proba dos seus viños en depósito na adega é das máis estimulantes das Rías Baixas.

o esteiro

Esteiro 2014 (espadeiro, caiño e mencía) leva agora aromas dominados polo caiño, desprendendo con intensidade os especiados finos e a froita vermella das zarzas no seu ponto, con balsámicos que enchen o aire entre mareas. O equilibrio e a armonía entre as castes aparece na boca, facendo que os tragos sexan reicidentes, que se sucedan sen resistencia. Fresco, salino, sedoso, salivante…

A mencía fai que o Esteiro sexa máis agarimoso e envolvente, menos racial e vertixinoso que outros tintos do Salnés coma os de Forxas do Salnés ou os de Zárate, e semellante ó de Lagar de Costa polas maneiras con que trata os viños Sonia.

Esta semana, despois dunha extensa cata de viños das Rías Baixas, fiquei, outra vez, coa cíclica impresión de termonos pasado de rosca, do artesanal ou caseiro in extremis á intervención in extremo que, polo que temos experimentando desde hai anos, orixina un produto pret a porter (á moda, producido en serie con patróns repetidos) e que no camiño ficou a Emoción, pero non só a emoción tamén a paisaxe, a esencia, a estimulación dos sentidos… Garzas Xurxo por levalo nos viños

Os comentarios están pechados.