tragos con Emoción

“A vida é demasiado curta para beber un mal viño” reza en inglés unha camiseta que gardo desde o século pasado.

Pero hai poucos viños “malos”, levamos tempo rodeados de viños que cumplen todos os cánones do sistema (e de tomates e froitas relucentes que enchen as froiterías sen o sabor de seu) pero, máis alá de inexpresividades sen defeitos, ou, no seu caso, da explosividade dos lévedos… atoparemos algunha pista, ou sequera un trazo borroso da pintura dunha paisaxe? ou cecais escoitar o eco lonxano dun algo que fale do seu lar? ou unha leve pegada remitindo a… se acaso un exiguo vestixio da súa orixe?

A camiseta que levaría agora sería a que berrara: a Vida é curta demais para beber Viño que non emocione!!

mesa redonda emoción V

Mesa redonda no Hostal dos Reis Católicos para a presentación da pasada edición da Emoción dos Viños, con Laura Montero, Dominique Roujou, Xosé L. Mateo, Bernardo Estévez, X.L. Sebio e Alfonso Losada. Escoitamos, sen prexuizos, e confirmamos o que cremos…

En tres meses teremos outra cita cos viños da Emoción, será o 2 e 3 de xullo, en Tui.

Amigos e viños de paisaxes e terriñas para tragos con emoción: o Portugal máis noso, a versión máis auténtica das illas entre alisios e volcáns, os viños con duende das albarizas atlánticas entre levante e poniente, o Mediterráneo máis natural… e sempre os catro pontos cardinaes da Galiza con orgullo de seu

Os comentarios están pechados.