os agros de Antonio

Xirpin, viño de cepas atlánticas, de clanes que moran a banda dereita da ría de Arousa, un dos lares galaicos onde remata o mar.

Un navio ancorado fronte ó océano, para ser embestido con amor. Océano-autopista que nos ten comunicado desde os tempos máis antergos co resto do mundo, forxando así a nosa identidade, mar que nos ten moldeado desde que sentimos os primeiros raios e miramos o primeiro solpor

Elaborada coa única pretensión de ser engulida nas bisbarras da contorna, esta garrafa do 2011, navegando desde o seu Mar de Arousa, cinco anos despois as súas sensacións e os seus tragos achéganme cara terras do oeste francés. Cando novo o xirpin tenme surcado algures do atlantismo portugués, tamén de noviño poidemos nalgunha ocasión otear as costas norteñas de Tenerife… o grande Atlántico

xirpin

Vivo, salino, boga con cadencia, tensionado por un corpo xeitoso, que se deixa querer e nos fai salivar. Aires que cheiran entre borrascas… debaixo frutiños silvestres doces e ese granito que non cheira (din) pero…

Os agros de Antonio Saborido:

Antonio / Xirpin / Barbanza

a triada, o triskel dos tintos

vai o Xirpin polo Mar de Arousa

Os comentarios están pechados.