Cela appellation d´origine

Inserido no epicentro das rías baixas o Morrazo agocha unha viticultura de atlántica estirpe. Nos últimos tempos do viño fora relegado e deixado sen amparo no organigrama vitivinícola do pais, algo que o ten aillado dalgunhas estandarizaciones e maneiras uniformizadoras que dominaron unha época. Recordan a diluición de O Rosal, Condado, etc

Unha viticultura a do Morrazo diversa, con microespazos comunais, vilas e parroquias de orgullosa identidade. Terriñas xunguidas por un esquelete peninsular abeirado cara ás rías máis estilizadas, coas ramificacións norteñas baixando cara a de Pontevedra: son as parroquias marinenses e unha parte das de Bueu, outros seus lares asòmanse pola proa sobre as illas Cies e a illa de Ons. Soalleiras sureñas son as bravas parroquias de Cangas e Moaña que caen cara a ría de Vigo. Vilaboa, solitaria, gardas as costas da península, agochada nas beiras da prácida ensenada de San Simón.

cela1

Achégase, esta a piques de ser a IXP Ribeiras do Morrazo, que, baixo este nome abranguerá tamén os concellos de: Redondela (de longa tradición furancheira) Poio (o seu viñedo é limítrofe cos oficiais da d.o. Rías Baixas) e Pontevedra. No medio desta indicación ficará o concello de Soutomaior, que forma parte da denominación de orixe Rías Baixas desde os seus comezos…

cela3

Estuvemos entre tintas femias en Cela (parroquia de Bueu que ben merecería unha apellation comunale para si mesma) Noe, Xosé, Chamorro, Vilas e Rodri cos membros da Asociación de viticultores de Bueu Fernando García Cendón (presidente) Manuel Estévez e Francisco Parada. Catando e bebendo os viños dos colleiteiros que se presentarán à Festa da tinta femia. Fomos partillando impresións entre tragos cun sorriso na cara e a ledicia por estar disfrutando duns viños Auténticos, sinceiros, limpos, honestos, vivos, vibrantes, arroupados en aromas coa forza primaria do seu lar. Converteuse nunha xornada de placer e emoción porque cada copa servida era un gozo para os sentidos e para o espirito… simplesmente iso que buscamos no Viño… iso mesmo que nos alonxa da cohorte de elaboracións sen alma nin carácter e carentes de Emoción.

Foi sorprendente que as dez adegas visitadas mostraran ese carácter, unha autenticidade marcada polas personalidades dos distintos viticultores, sen defeitos nen adornos. Desexamos que o futuro conserve esa sinceridade e honestidade.

Imaxínome a moitos narices de copa afnor, incrédulos, exprimindo os seus sentidos tentando atopar algún defeito.

Estos viños xa terán para esta anada na que estamos un amparo administrativo. Desexo que os tragos que disfrutamos se reproduzan no futuro, e gañen en repercusión para ensinar polo mundo con autenticidade este territorio do viño. Que os que adecentan, pulen, dan corrección, visten e fan presentabeis os viños non desvirtuen a súa personalidade e identidade, que so necesitan unha pequena mellora nas maneiras.

cela

O 2 e 3 de xullo será a XIII edición da recuperada Festa da Tinta Femia en Cela. Celabrarán e lembrarán ao primeiro pregoeiro da festa que non foi outro que Manuel María.

Se somos quen de non contaminar a personalidade destos viños Galiza gozará doutro territorio do viño a engadir á súa riqueza e diversidade. Senón pasarán sen pena nin gloria polas copas e polas estanterías do mundo wine.

O Morrazo merece ambición de calidade, respeito pola identidade e polo carácter de seu, e non restarlle emoción aos tragos, porque o contrario é un camiño que leva a nengures, ou à insignificancia e máis logo ó esquecimento por ser máis do mesmo. Agora é doado non caer nos erros pasados grazas á perspectiva que temos do percurso doutras denominacións e polo modelo que representan os viños que si teñen levado a Galiza máis alá… Para ir lonxe e manterse no tempo.

tinta femia

Femia tintada

Ribeiras do Morrazo

sen título, sen etiqueta

Os comentarios están pechados.