A Emoción dos Viños VI

a emocion chapa

A Emoción dos Viños, VI edición, 2 e 3 de xullo… no mesmo territorio da Gallaecia dos viños, nesta ocasión na outra banda do Miño, en Valença. Unhas obras de rehabilitación no claustro da catedral de Tui (espazo natural da Emoción dos Viños) converterán á Quinta de Santa Luzia no escenario para esta Emoción que será.

Tui – Valença

Suevia Vins, nas raigames das terriñas do solpor.

Emoción dos Viños

Ponto de encontro dos que embotellan os tragos que nos fan vibrar

Semente de viños que van iluminando as copas da Emoción, sinalando un máis alá que beber

Ledicia das copas transmitindo paraxes, territorios marcados pola xeografía dos viños, e polo carácter das personalidades que os interpretan… para emocionar

Fraternidade, irmandade dos viticultores que partillan as súas experiencias da busca

Seis edicións estimulando a evolución do viño neste pais

As vontades que erguen A Emoción dos Viños seguen sendo as mesmas desde a primeira edición, e igual o desexo que nos levou daquela á busca da Emoción:

Dar a coñecer os viños de Galicia que emocionan, que son quen de levarnos máis alá. Somerxernos na esencia das terriñas. Mostrar os mil matices da viticultura galega e do Portugal máis achegado a nos, parte común do mesmo espazo ancestral.

Mil ríos regando estas terriñas, micro-espazos-encepados de viñas, microviñas, ribeiras sobrecollidas, suaves e ondulantes ou en vertixinosas vertentes orantes cara o solpor, iluminadas polo sol do horizonte atlántico.

Viñas dos mil vales e vilas que representan tradicións diferenciadas, espazos únicos, paisaxes de ensoño que os viños da Emoción transmiten en cada trago, en cada aroma. Desde os areais á beira do mar ate as pendentes extraplomadas da viticultura de montaña, un espírito que sobrevoa entre encostas, socalcos e chairas, bosques e matos, sobre penedos graníticos e montañas redondeadas agarimosamente…

e deseguido viaxar ate o mediterráneo máis natural pasando denantes por Gredos: roca, altura, garnacha… e dalí á limpeza das alturas nararíes para voltar ao atlántico, sureño de albariza a poniente e a levante, e partir cara ás illas: un futuro de viños que xa emocionan…

Defendemos e propagamos a  nobreza de viños fieis aos seus terroirs diferenciados: riqueza de matices, castes, paisaxes, tradicións, culturas, instintos… Viños honestos, sinceiros… unha viticultura de calidade: respectuosa co medio e coa calidade dos bagos, para engarrafar o mellor viño posible dun lar.

Somos combatentes da causa vitícola, reivindicamos a expansión da súa cultura e o pracer, a saúde, a terra… e sobre todo os tragos que producen EMOCIÓN.

Os comentarios están pechados.