retorno eterno/vendima


O corazón bombea a modo e bebe fluido paisaxes que soño.

O tempo passa… pintando garavatos co traço herdado da minha nai

Cunha cadencia que as veces non dou seguido, mas, de súpeto, pego un chimpo… neses días todo vai como a seda, adiantándome ao que virá,

coa excitación dos vieiros que se abren, do futuro que se achega,

das raigames que voltam a brotar en Nos, coa conciencia na terriña,

deixando atrás a cegos e escuros cos seus inquisidores pesadelos.

Bravo polos brazos que loitan, e que darán forma e trago aos nosos soños nas terriñas de: Seadur, Firvidelas, Soutipedre, Castrelo, Cela, Paderne, Valtuille, Esteiro, Pieiga, Sadurniño, Tamaguelos, Riobó, Mandín, Goian, Crecente, Doade, Xil, San Fiz, Corullón, Lentellais, Montefurado, O Poulo, Noalla, Posmarcos, Mourelos, Bemil, Pantón, Berrande, Cabo de Vila, Vilacha, Moncerval, Remuiño, Barantes, Falcoeira, Penalva, Gontelho, Pinhanços… Machuqueras, Ye, Masdache, Taganana, Valle de Arriba, La Guancha, Garafía, El Ratiño, Mazo… La Mata… e mais alá.

Os comentarios están pechados.