Cíes

Nos areais que as Cíes protexen, coa suave brisa dun solpor do verán atlántico: as cunchas e o granito, a branca froita da terra e os froitos do mar camiño de seren un… nun trago.

Brinquedos infantís na beira do mar, entre as ondas do mar levado

Tragos amplos que medran no seu paso coma mar de fondo, coma teu corpo, froito vibrante, fresco e saboroso, de bicos e caricias acrescentadas polo salitre rociado na tùa pel

Cíes 2014 Val do Salnés

Rodrigo Méndez: bardo transmisor e buscador da esencia dos viños que foron, e dos que nunca chegaron a ser, forxador de viños do mar, buscador… despexando vieiros

reportaxe de xaneiro do 2010:

Deixa unha resposta