Ollos de Roque

Fazenda Agrícola Augalevada. Hai outro Ribeiro no vale do Avia. Deixando atrás o mosteiro de San Clodio, referente histórico desta bisbarra, e dunha época esplendorosa, seguimos pola estrada que remonta o val cara a vertente de Cenlle e, despois de pasar pola aldea de Rioboó, achegámonos á Fazenda Augalevada de Iago Garrido situada no medio dun bosque de ladeira en forma de cuncha que o protexe e ailla do resto da parroquia e do val, enchendo esta terriña de armonía e paz.

Ollos de Roque. Viño de raiz 2014. Vibra latexando con ganas de vida por diante. Entra con enérxica pulsión pola boca. Incisivos e punzantes aromas polo nariz. Todo co carácter primario que devecemos.

Prantas aromáticas, herbas e flor baixo o sol do mediodia. Froita de oso recen pelada, pel amarela e carne branca, especias brancas que salpican.

Tacto sedoso ante unha acidez dominante. A boca saliva e no recordo vai unha eira pintada de tons verdes baixo as cores dos frutais en flor.

Fronte a sobrexposión dos que se cren algo, gústanme os que están coma ausentes…

Os comentarios están pechados.