mamá pastora de Miguel Araujo

A Emoción dos viños tamén é un encontro con productores emerxentes e viticultores que son pouco coñecidos, incluso pon en escena e da apoio a viticultores que aínda non teñen comercializado a súa producción ou teñenno feito o mesmo ano que se mostran na Emoción. Dalles presenza nun escenario que comparten con viticultores que son unha referencia, co que significa de experiencia, estímulo e posta en valor.

Esta edición, entre outros interesantísimos proxectos, contábamos co de Miguel Araujo e os seus viños de Esposende (parroquia septentrional de Ribadavía na banda esquerda do Avia) para o placer dos nosos tragos.

Probei os seus viños no claustro e gustáronme moito, pero foi en casa, disfrutando durante un par de días cada copa do mamá pastora 2016, cando, entre trago e trago, imaxinei o lonxe que ha de chegar Miguel, que carallo! anuncia grandes viños… os que agora podemos beberlle xa o son.

mamá pastora emocionoume coa cálida caricia dunha crianza, a súa cara limpa sen enrugas, a tenrura dos seus xestos, a suavidade do ventre materno, pel sedosa na que deslizarse e ficar, co perfume natural da orixe, espida, e a aromática das herbas adornando o seu paso silandeiro. No fondo a sutil presenza do berce e as sábanas que cubriron os seus soños denantes de despertar na garrafa e máis logo na miña copa. Sensacións que nos remiten á elegancia do Ribeiro coa profundidade que nace do Val do Avia. Ribeiro e val interpretado por Miguel Araujo de xeito espido, como defende nas etiquetas dos seus viños.

2 Responsesmamá pastora de Miguel Araujo to “”

  1. Malena

    Comencé a leerlo en silencio y quise leerlo en voz alta, fallar galego.
    Tuve que parar porque me emocioné y me puse a llorar.
    Qué linda lengua qué linda la usas qué maravilla de viños
    Graciñas por todo. La escritura y A emoción dos viños.
    Estoy en deuda.
    Lo voy a solucionar.
    Apertas e bicos
    Male

  2. Antonio Portela

    Quérote!