Bucce

Amanece claro o día, e brilla a froita dourada nun xardín que esperta á fría mañán. Luz agarimosa do meiodía desveando o aire da branca flor. Tacto que envolve, e fica, coma o sinuoso do teu corpo, sen roupaxes, no meu padal, e no recordo. Longo, veludo, coa potencia e a concentración que pide tempo. […]