Bucce

Amanece claro o día, e brilla a froita dourada nun xardín que esperta á fría mañán. Luz agarimosa do meiodía desveando o aire da branca flor.

Tacto que envolve, e fica, coma o sinuoso do teu corpo, sen roupaxes, no meu padal, e no recordo. Longo, veludo, coa potencia e a concentración que pide tempo.

Silius Bucce ven das viñas de Toucedo e Caspedro en Quiroga, coa mextura dos solos daqueles lares: arxila ferruginosa e cantos rodados con leve presenza do xisto disgregado sobre os que medran o godello, neste viño maioritario, acompañado dun chisco de albariño e de treixadura.

Ana e Javier, Atrium Vitis, inconformistas, forxadores de viños, buscadores, na pescuda da identidade dos seus lares. Interpretando as personalidades do territorio quirogués, ladeiras e beiras onde vai o Sil entre o Sil da ribeira Sacra e o do Val de Orras.

Insobornables, inquietos e sensibles. Forman parte do movemento vitícola galego que foi a vangarda na busca da identidade sen tapuxos, sen aditivos, descargándose dos complexos que xustifican e priorizan procedimentos e procesos tecnolóxicos, sorteando o freo do organigrama burocrático e a reacción dos asesores encorsetados.

Os comentarios están pechados.