Verán

Lus aberta e limpa de azul todo
……periódico masaxe sonoro
………de escuma suave
………….case ausente
…………….With you

Na silandeira noite
……………………. De vermellos espallados
A brisa tepediña
…………………….acariciou-me.

Travesia

Navegamos,
os recordos azotaban,
zarandeaban a nosa embarcación,
as vegadas sumerxianos um.
Mantivemo-nos a flote
e o rumbo muitas tempestades.
Os portos ficaban atrás,
a outros non demos chegado.
Cruzamo-nos con barcos á deriva,
algun pasado nom deixara ninguen a bordo.
A nosa travesia tinha un diario de navegación
cuberto de nomes de sireas
paraisos que nos reconciliaban coa vida.

Decidimos izar as velas, outra [...]

A punta do meu dedo
A redondes do teu peito
Suave descenso con fondo de soul
No movimento tenue e acompasado
Das linhas desse mapa que surcaba

Mar clara
Onda transparente
que asulaga meus olhos
Mergulho e respiro nessa mareia
a tua lus acelera os sentidos
Aleluia¡ o ceo inmenso em mim
limpo brillante AZUL

Os teus Climats

Houbo curvas trazadas
Co sol atenuando as cores no seu marchar
Entre sombras e torrados fun pechando círculos
Deixando atrás montanhas e vales horadados
Descendendo suavemente por fértiles territorios.
Coa lus da lua adentrei-meC
Nos espazos que o mel dos teus olhos no alcanzan

Tinta Femia

Adormece o sol
……con suavidade
……….escoitando un blues
…………. pintando o ceo
……………..colgando un veo alaranxado
acaricianos con agarimo tépedo
pensando no que un dia soñamos
esquecendo o que pasou
.
Unha lus
- doce e quente
deslizouse
- e a gorxa
- o meu pensamento
inundouse de ti
e no meu alento descubriuse todo o teu corpo
.
adormece.wmv

“A menina do mar´´

“ Hoje trago-te uma coisa da terra que é bonita é tem lá dentro alegria.
Chama-se vinho. Quem bebe fica cheio de alegria. (…)´´
-         E muito encarnado e muito perfumado –disse ela- conta-me o que é o vinho.
-          (…) Esta é a historia do vinho, mas o seu sabor nao o sei contar. Bebe se queres [...]

Catedrais do Trango

Perdo-me mais unha ves
entre aromas,
brisas agarimosas
e cores da máis nítida lus
As montanhas dos meus sonhos
abren o sol detrás destas dunas ondulantes
deica o verde transparente do horizonte marinho.
Notas sostidas no ar
que o vento traslada con suavidade
atravesando estes lares do meio oriente.
O eco musical permanece no tempo o meu redor.
Pola beira da costa vou sem perder o [...]