emoción

As veces trasladámonos máis alá transportados sen movernos, sen soltar a copa da man, a voar por cima, silandeiros ou apaixoados cara outros lares, onde so polos sonos chegaramos. Sen soltar a copa da man…

Imos de ribeiras a terriñas deixando polo medio retrincos de nós os rabuños dunha vida, o rasto de ti en min lastres do que non dixemos nen fixemos… camiñando polas ondas do teu cabelo respirando o aire co teu cheiro escoitando a vida das pedras en cada paso o marmurio renovado dos mananciais iluminado polo […]

Memoria da Pedra do son perdido da neve do silencio das rochas do cheiro mulido de prados entre cores limpas dos días na néboa que sube calada e … así se vai do aire do norte ensinando as liñas que levan ó cumio

Costa da Vela crucei a ría co pensamento no ar ó longo da costa ate a redondes ultima, como último foi o pensamento que espremeu o meu desexo. foi entón cando cheguei ós outros lares, aqueles mais afastados, onde so polo soño chegara.

Homenaxe tabernario a Cunqueiro

Reivindicaremos como debe ser, nunha taberna de viños, coas verbas agarimosas do Cunqueiro, a emoción dos viños deste Pais. Beberemos e cantaremos, leremos e nos emocionaremos cos viños, a música e as verbas que describen, soan e saben como as mil personalidades das mil terriñas dos mil vales dos mil rios que son coma nos: […]

Máis Alá!!

Estamos eiquí, no finisterre atlántico, o Máis Alá ao que outros tentan chegar, nos xa estamos, levamos ventaxe, so temos o Atlántico diante nosa mostrando-nos o horizonte ao que aspiramos, sinalando-nos metas máis lonxanas. Ás nosas costas está o pasado, bo ou malo pero passado, mirar cara atrás non nos aporta nada, é un lastre, […]

desde Tui o Canónigo Areal

Tivemos a ocasión de contar na “Emoción dos Viños” , no claustro da Catedral de Tui, coas dúas adegas que moran co seu viñedo neste histórico espazo xeográfico situado entre o Monte Aloia e un manso río Miño, que placidamente vai entre O Condado e O Rosal, entre Monçao e Caminha, son Remesal e Canónigo […]

A Emoción dos Viños

A “Emoción dos Viños” …que van Máis Alá, decorrerá no Claustro da Catedral de Tui o sábado 25 de xuño. Aproveitando un entorno tan especial coma o Claustro da Catedral de Tui, antiga cápital da Suevia, daremos a coñecer os viños que emocionan, viños que van máis alá, elaboracións especiais dun grupo de viticultores – enólogos […]

travesía

Ir ei ate a fin do mundo, pasar ei polo teu universo, pasar e ficar, ascender e sumerxirme, entrar e deitarme… paisaxes e sensacións levarme han ate o fin dos días.

Flor, teu corpo, aroma que esconde bálsamos e perfumes disfrazados de redondes, derríteme cubríndome floral! ! Riad Jamil vapores do teu aire, especias e mel ou cecais sotobosque, resbalo sen fin na tua pel co suor que …