Chegou a cita coa Vig-Bai, os últimos anos a mentalidade é a de non mirar o reloxio, de cando en vez botar unha ollada ao pulsómetro para controlar como vai indo a cousa, e disfrutar da paisaxe desta Grande Bahia que se abre nos kilometros finais da Ria de Vigo e das diferentes compañias que [...]
Filed under: Sen clasificar by viticologo
No Comments »
Nas alturas deste Pais, coas Trevincas asomando as suas crestas detrás da torre de O Bolo polo mencer e Manzaneda cara ó solpor, atopanse viñedos milenarios de cepas penduradas en ladeiras que caen, coma escondendose dos altos cumes, ao abrigo húmido do Bibei no val da Falcoeira, ao carón da agreste espiritualidade do santuario das [...]
Filed under: Sen clasificar by viticologo
No Comments »
Este viño forma parte do proxecto persoal de Sandra Tavarés, que tamén elabora na Quinta do Vale Dona Maria de Cristiano Van Zeller en Cima Corgo e na familiar Quinta da Chocapalha na Aldeia GALEGA da Merceana en Alenquer (Extremadura), xunto ao seu compañeiro Jorge Serodio Borges, que se chama Wine & Soul, desde o [...]
Filed under: Sen clasificar by viticologo
No Comments »
Escolma do 2007
Que solpresa¡ … despois duns segundos noqueados polo seu impacto deixamonos guiar, os ansiosos de encher o espirito, polos seus aromas, as sensacions das que surde a emoción, que con fluidez vainos evocando primeiro as manifestacions do carácter mineral, coma un frotar de pedras … silex, cun lixeiro fondo de caucho, salpicado [...]
Filed under: Sen clasificar by viticologo
No Comments »
O exemplo máis evidente da esperanza nos viños de Monterrei son os que o viticultor Xosé Luis Mateo elabora na sua adega Quinta da Muradella, situada en Verín co seu viñedo dividido en varias parcelas en Pazos de Monterrei e Tamaguelos, con diferentes orientacions e solos pero sempre cunha viticultura respectuosa coa terriña e coa [...]
Filed under: Sen clasificar by viticologo
No Comments »
Transitamos entre aromas e cores, vilas e paraxes, vales, ladeiras, costers, socalcos, bancais e patamares, bosques, matos de flores, sotobosques, matorrais, á sombra dos frutais, a carón das leiras colleitadas, cos cereais recen segados, ao redor das bestas, co salitre na pel pisando as follas secas, envoltos na humidade das corredoiras, na neboa da mañanciña [...]
Filed under: Sen clasificar by viticologo
1 Comment »
Co pensamento e o desexo
acerco-me á tua vila,
busco-che entre as viñas,
e logo de mirar o teu trabalhar
acaricio-che o cabelo coa brisa,
que escondida no bosque atravesa o teu lar,
sen medo levanto-che as saias, desabrocho os botons,
e ti , namentras , soñando,
entre azul e verde, entre sol e cepas.
Sei que cando camiñas descalza polo regato
sabes do meu [...]
Filed under: Sen clasificar by viticologo
No Comments »