Archive for the 'viños' category

Torroxal, unha historia

O mundo do viño xenera historias asombrosas, ademáis dalgúns dogmas, verdades intocables e rebeldes con ou sen causa. Alén das historias individuais e colectivas que nos estimulan na nosa travesía entre copas, co aumento da liberdade creativa e interpretativa, crecen no mundo do viño as polémicas fomentadas polos que reaccionan ante esta explosión libertaria, porque […]

Sameirás 11

Ribeiro da banda esquerda do Avia ó seu paso pola parroquía de Santo André (Ribadavia), das viñas de Antonio Cajide, colleiteiro de elección a enlazar coa tradición familiar. Viño da anada do 2011 aberto o 8 de febreiro e rematado o 11, tres días nos que foi desaparecendo pouco a pouco as primeiras sensacións do […]

Cume do Avia

Desde o cumio do Avia, ala polo monte de San Cibrao da parroquía de Camporredondo no concello de Ribadavia, na banda esquerda da ribeira do Avia, podemos otear os vales todos do Ribeiro: tres rios para tres vales, con cada unha das súas ladeiras versionadas na clave que lles sinala o pasar do sol, apousentadas […]

Ignios orígenes

Ignios orígenes é o proxecto de Borja Pérez, que partindo da actividade vitivinícola familiar, e a súa formación de enxeñeiro agrícola, busca interpretar con limpeza e fundamento a personalidade do seu territorio, marcado pola impronta dunha xeografía apabullante: mestura de océano ós pés, alisios entre as curvas dunha orografía sinuosa e 3700 m. cara ó […]

La Perdida… para buscadores

A volta ó fogar. Pares que o viño é o final dun camiño, o comezo doutra xeira, da rota final pola vida, porque xa non a abandonaremos endexamais. A busca continua que latexa en nos lévanos polo mundo do viño (indispensable para calquera vivencia do planeta terra que se preze) sen paraxe. Así imos atravesando […]

Ladeira da Mata

Cando despois de beber un viño tento describilo saéme a xeografía: portelas por onde entra o aire, as ladeiras que surfea, bosques que atravesa, prados que peitea, follas que limpa, por onde pisan os pés das cepas, ata onde extenden as súas miradas, a intensidade da luz que lles acelera o metabolismo, que elementos ocupan […]

Suertes, Táganan, Tenerife

Acompañado de catro nubes brancas peregrinas no celeste dun ceo ó alcance da man, cos músculos adormilados e relaxados pola meteórica ascensión ó volcan de onte, e á sombra da ledicia coloreada dunha buganbilla, solitaria exibicionista no planeta negro do rofe brillante, entre ocres, torrados e o branco ostentoso das casiñas, repaso e bebo a […]

TN de Régoa

A frutalidade de amarenas e cereixas mesturadas co sotobosque pendurado na ribeira, ademais dun aire perfumado que as veces aparece entre eles. Os recordos dos torrados cada ano que pasa máis no fundo van. A sensación frutal aumenta co paso dos tragos, pero sobre todo a mineralidade que vai crecendo rapidamente desde atrás. E así os […]

o raposo cazapitas

  Cazapitas é un raposo froito dunha pequena vinificación en Rianxo, a porta do Barbanza, manufacturada por Noelia Peréz, David Rial e Juan Chamorro Nas leiras que miran ó sur, nas lindes dos penedos graníticos fragmentados que caen da serra, na beira norte do Mar de Arousa, cos cheiros da montaña, agora impregnados de eucaliptos, […]

Infantado

Simbiose da terra, solo que lle da forma e vida que nela mora, e o aire que ven do Atlántico, aire que Alvao e Marao agochan. Na súa busca vai Infantado. A esteva que brota, o xisto que reluce e a froita cando cruxe, entre tragos que miran á Foz, o Douro nas beiras do […]