Minho

O Miño, que vertebra Galicia desde a sua nacente ate o seu ocaso atlántico, ten no seu terzo final un significado non menos importante como é o de dar nome a todos os viños da rexión que vai polo sul desde as suas beiras ate as do Douro. A un nivel que a pesares dos [...]

a volta cos aromas

Cada un de nos diante dunha copa de viño somos un mundo de experiencias, cultura vitivinícola, sensibilidades e emocions diferentes aos demais, pero esto manifestase todavía mais na fase olfactiva porque namentras nas cores, vista, e no gusto o que facemos é unha descripción do que vemos e do que sentimos no seu paso pola [...]

Ven de ser inagurado en Barcelona o Monvínic, espazo para o gozo de calquera afeccionado do viño, por suposto tamén para profesionais, no que satisfacer os desexos de información e coñecementos gracias a unha biblioteca permanentemente actualizada con todas as guias, libros, diarios, catálogos asi coma unha trintena de suscripcions ás máis importantes revistas internacionais, [...]

O Pais dos mil viños

No dia do Pais dos mil viños das mil ribeiras, desde o Sil e o Bibei pasando polo Támega que vai ate o Douro como antes foi o Pais, do Cabe, do Arnoia e do Avia, do Ulla e do Umia, do pai Miño bañando denominacions, subzonas e viños da terra, do Barbanza, do futuro [...]

Riesling no Camiño da Serpe

O martes tuvemos unha ocasión excepcional para degustar nestas latitudes un abano de viños apelidados riesling e de todas as zonas de Alemaña onde esta uva pontifica coa sua presenza na expresión das suas terriñas.
E todo gracias a Xoan Cannas, sempre co nariz presto atisbando no horizonte vitícola as illas onde as lumeiras da autenticidade [...]

Benvido Baco

Bacche, Bene Venies

Benvido Baco,                                  Bacche, benevenies
amado e desexado,                         Gratus et optamus
con quen o nosos ánimo                 per quem noster animus
tanto se contenta                            fit letificatus
.
Velai os vasos rexios,                    hec sunt vasa regia,
espolio de Xerusalén                     quibus spoliatur
con quen se orna                           Ierusalem, et Babylon
a real Babilonia                             regalia ditatur
.
Cando Baco forte                        Bachus forte superans
conquista o corazón dos homes,       pectora virorum
os seus [...]

Máis cultura do viño!

O mundo do viño avanza sen pausa, de dez anos para hoxe nada é igual en Galiza e muito menos no resto da península ibérica: novas D.O. e novas indicacions xeográficas de viños da terra, no noso pais ademáis das indicacións de Viños da terra do Barbanza, Viños da terra do Val do Miño-Ourense [...]

Viños acuáticos

Hai un par de anos que provei o Sketch, albariño elaborado e submerso logo na ria por Raúl Perez, daquela e a falta de anotacions máis detalladas parecerame un albariño elegante e saboroso de tonos minerais e matices salinos con notas herbáceas … cecais a interpretación fora matices minerais e notas salinas con tonos herbáceos [...]

Os bagos

Pode dicirse, ou deberia dicirse, que o fin último de toda a viticultura, empezando polo microcosmos individual da propia cepa, ou de cada acio, e seguindo polo conxunto de técnicas, coidados, labouras e calquer outro tipo de actuación, desde o propio deseño do viñedo, é a obtención dun bago de uva óptimo, nas condicions axeitadas [...]

O guru paracaidista

Chegou un dia, “catou´´ 60 viños, e concluiu: “mencia y barrica no te son un buen matrimonio´´ a esta afirmación engadiu a seguinte lección maxistral: “el vino tiene que tener unha gran estrutura y cuando está en madera hay que procurar que no sepa a madera´´, teñen bemois estas sentenzas cando aburridos estamos dos viños [...]

VI Xantanza

Roteiro enogastronómico polo Ribeiro
Nesta xantanza os blogueiros enogastronómicos galegos, especialmente Soledad e M. Gago, organizaron un roteiro polo Ribeiro no que tuven o pracer de poder participar nel.
O Ribeiro ou as tres ribeiras, un para todas e todas para un, non se me ocurre nada mellor, porque será?, para definir este pequeno universo, ou tamén [...]

Mundocociña

A cociña actual recordame un algo, nalgun momento, as vegadas, á situación vitivinícola penínsular de hai unhas décadas, daquela o rango dabao a “Bodega´´e o “Bodeguero´´, ou o enólogo, naqueles tempos máis químico que outra cousa, e a influenza da enxeñeria na que a reproducción de productos é o importante. A viña deixabase para [...]

Tempranillo

Porqué falar do tempranillo? variedade, ou un clon de seu, que por eiqui so ten certa importancia en Monterrei, co nome de arauxa. Pois primeiro porque todo o que é defendido como representante en calquera sector, neste caso o vitícola, das esencias patrias xenera cando menos dúbidas, e sobre todo, queirámolo ou non, acaba afectándonos. [...]

Vinhos na Essencia

Visitamos un ano máis a Essencia do Vinho, este ano Xoan, Santiago e máis eu ibamos co tempo medido, polo tanto xa tiña en mente as prioridades e as ocasionais alternativas. Empezamos pola mesa dos Symintong para provar os seus viños de Madeira, esta casa duriense ten comenzado hai pouco tempo unha aventura nesas terras [...]

Arquitectura da viña

A prantación dun viñedo non é unha obra de inxeñeria agonómica, ou é, mais tamén é un acto cultural no que a creatividade do home pode atopar a sua máxima expresión mediante a conxunción da xeografía e do solo e a sua interacción coa vida-dinámica, biodinámica, coas vides tendo o cosmos coma teito e polo [...]

Viño & Saude

Recupero un resumen, que fixera cando lei antialcól, agora toca en Galiza a lei das drogas, de varios estudios científicos sobre os efectos positivo do viño na saude. Como calquer alimento o viño tomado en exceso non é saludabel, incluso o seu consumo excesivo conleva certos perigos xa que a partires dunha certa cantidade os [...]

Viticultura e Cambio climático

Aumento da temperatura, incrementos de CO2 e deposición de nitróxeno, trocos nas tasas e na distribución das precipitacions, aumento da radiación ultravioleta na superficie causada pola reducción da capa de ozono estratosférico, son alguns dos efectos do cambio climático ou quecemento global, o coñecido como efecto invernadeiro.
Ate o de hoxe podese dicir que este cambio [...]

Viti-Escola

http://chippis.ch/zwook/bourgeoisie/confrerie/mes4ceps
Pequenos vignerons-viticologos e sobre todo futuros bos apreciadores, coñecedores e amantes desta cultura, como contrapunto a botellons, leis antialcól, ridículo baixo consumo de viño, e a modas importadas por gurus, prescriptores, distribuidores e demáis especuladores do viño.
Cando criticamos a adscripcions a bancadas forofas cargadas de prexuizos, hooligans descalificadores de uvas e de tipos de viños: [...]

Travesia

Navegamos,
os recordos azotaban,
zarandeaban a nosa embarcación,
as vegadas sumerxianos um.
Mantivemo-nos a flote
e o rumbo muitas tempestades.
Os portos ficaban atrás,
a outros non demos chegado.
Cruzamo-nos con barcos á deriva,
algun pasado nom deixara ninguen a bordo.
A nosa travesia tinha un diario de navegación
cuberto de nomes de sireas
paraisos que nos reconciliaban coa vida.

Decidimos izar as velas, outra [...]

Envellecer

A enorme riqueza varietal conxugada coas diferentes técnicas enolóxicas orixina as múltiples posibilidades que se dispoñen para elaborar un viño.
Na enotecnia xunto ás continuas innovacions que se van aplicando, as veces de xeito indiscriminado, tamén se recuperan sistemas de elaboración tradicionais perfeccionados.
En canto a materia prima, as variedades de vitis vinifera diferencianse polas suas [...]

Copo de Coeur

Outro xeito de ver, tocar, ulir, sentir e gozar o viño.
As veces a frialdade dalgunhas descripcions semellan a garabata dun inspector disposto a augar a festa.
http://www.nadaimporta.com/

Tintos Atlánticos

Os puntos que The Wine Advocate (Robert Parkert) ven de conceder a varios tintos galegos, ademáis de tres D.O. diferentes: Rias Baixas, quen o diria, Monterrei e Ribeira Sacra, significa situar nun espacio que ate hai ben pouco parecia inalcanzabel á vitivinicultura en vermello desta terra, o de menos e´quen puntua ou como o fai, [...]

Essencia do Vinho

Empeza hoxe dia 6 e ate o 9 de marzo e de tres a nove da tarde no Palacio da Bolsa de Porto a Essencia do vinho que é a principal referencia dos viños e da gastronomia de Portugal.
Este evento é unha oportunidade única de provar todos os viños punteiros de Portugal, xa que están [...]

Alem do Tejo

No Alentejo dominan as viñas asentadas en longas extensions compartindo o espazo coa sua clásica paisaxe de sobreiras, aziñeiras e oliveiras, terreos con poucas inclinacions aturando os raios de sol acompañados de altas temperaturas. Esta rexión, situada entre o vale do rio Tejo e o Algarve, componse a sua vez de oito sub-rexions, entre elas [...]

Os viños da Gallaecia

O mundoviño que tivo o martes pola tarde a sua cita no pasado Forun desde o meu ponto de vista marcará o posibel e desexabel despegue dos viños tintos galegos cara un lugar máis representativo no olimpo do universo vitícola, lugar que ate agora parecia inalcanzabel. Deste xeito o que alguns chaman con toda a [...]

Ideólogos

O viño é historia, cultura, xeografía, arte, bioloxía…e técnica, non é so o produto dun cultivo e unha elaboración.
Se pescudamos nos viños máis atractivos e orixinais, aqueles que chegan máis alá, atoparemos homes coñecedores da sua terriña e das suas castes e cunha gran cultura do mundo do viño, de onde ven, por onde pasou [...]

Forun Gastronómico

Foi o tempo dos labradores, viticultores, vigneron, viticulturistas ou viticologos, colleiteiros no Ribeiro. Proximamente tentarei trazar unha liña unindo todas as frases-ideas que nese diálogo saliron e debuxar un pequeno garabato, que nalguns post anteriores xa fun tocando.
Foi unha tarde de reencontros, habia tempo que non sentia tanto unha aperta como a que me din [...]

PONTEVIÑO

Xa temos para maio as primeiras xornadas formativas sobre o viño “Ponteviño´´organizadas pola Federación de empresarios de hostaleria de Pontevedra e a Asociación Galega de Sumilleres AGASU, cun máis que atractivo programa con varios bloques de cursos e actividades que poderedes ir consultando no blog: pontevino@blogspot.com.
A grandes rasgos, e a falta de publicar o programa [...]

Identidade

As pegadas da terra e do home que traballa o seu froito son, e foron, facilmente enlousadas polo cemento das elaboracions industrializadas e voluminosas da adega ultratecnificada e do viñedo extensivo de concentracions forzadas e función productivista, co obxectivo de cubrir unha demanda xenerada artificialmente, na que o marketing é o que fai de locomotora [...]

A recuperar castes !

Neste momento a mensaxe é: se vostede posúe unha variedade descoñecida alén do seu contorno máis próximo, unha variedade minoritaria para o resto do mundoviño, asi a todo algunha delas maioritarias no seu lar xeográfico, algo parecido ao dos idiomas, outras reducidas a algunhas viñas vellas escondidas nalgún recuncho, e se a maiores, condición non [...]

Biodinámica

Este viticologo preocupado claro está pola boa saude dos bagos non podia deixar de facer unha referencia a biodinámica, e porque a biodinámica, pois porque desde hai xa un bo tempo unha pantasma percorre a Europa vitivinicola, e máis alá, empezou pola Europa do centro e na actualidade en muitos destes paises un % [...]

Tops Transfronteirizos

Celebrouse o pasado luns 21 de xaneiro na Fortaleza de Viana do Castelo a prova: “Tops Transfonteirizos´´,organizada polo periódico Hosteleria Galega e Turismo. O obxevtivo desta cata que vai pola terceira edición é a comparación entre viños seleccionados das dúas denominacións limítrofes, a galega Rías baixas e a portuguesa dos Vinhos Verdes. Como é para [...]

Acordos & Harmonias

O que sempre se presentou como unhas normas ríxidas, as veces con cheiro de dogma, e que ademáis a denominación empregada para explicalas, maridaxe, remitia ao que remitia, tense convertido nunha especie de simbiose que fala de ti a ti, de igual a igual ou parecido, semellante e tamén entre contrarios e opostos pero en [...]

Vinos de la Tierra de Liebana

Estos dous viños están elaborados pola Compañia Liebaniega de Vinos y Licores que é unha das duas adegas que conforman a indicación dos Vinos de la Tierra de Liebana, que abarca unhas 45 hectáreas costituindo unha magnífica iniciativa para recuperar a paisaxe vitícola da bisbarra rescatando cepas e viñedos abandonados.
As características dos viños destos vales [...]

VINTAGE

Sumerximonos e navegamos entre aromas e cores, aromas dunha profundidade e longura perceptivel como unha espiral de sensacions en continua evolución, pulsión multiplicada en cada contacto, momentos de inmersión agarimosa, envolvente, seda que tapiza o padal tecida nos balcons dos que asoman as quintas, por detrás de cada espolón escalado en bancais cara ó ceo, [...]